A partir do seguimento científico promovido dende o Colectivo A Rente do Chan das actuacións de mulching levadas a cabo con posterioridade aos incendio de 2017 na zona de Ponte Caldelas, publiclouse recentemente un artigo titulado “Effectiveness of community-bases initiatives for mitigation of land degradation after wildfires” Prats et al.
O artigo desmostra que o mulching mellora a fertilidade do chan e axuda á posterior implantación da vexetación. Polo contrario, a sementeira de landras non foi demasiado eficaz. Segundo este artigo, os datos concretos da perda de chan son:
- A perda de chan o ano seguinte ao incendio foi moi alta; entre 11e 27 Mg por hectárea e ao acolchado reduciu a erosión nun 95%
- Durante o segundo ano despois do incendio os datos da erosión oscilan entre 4 e 13 Mg/ha, que nas zonas tratadas reduciuse entre o 87 e o 73 %.
Asimesmo, a colaboración cidadá despois dun gran incendio pode ser de gran axuda para actuar con rapidez e efectividade para protexer o territorio. É moi importante manter á poboación vencellada á súa terra e que poida actuar na medida dos seus coñecementos e habilidades.