A Rente do Chan

Somos unha asociación ambientalista sen ánimo de lucro, con sede en Ponte Caldelas, Pontevedra.

Na actualidade, formamos parte do colectivo ao redor de cincuenta persoas socias.

Os nosos fins

 A defensa, conservación, recuperación e posta en valor dos montes e os ríos da nosa contorna e do seu patrimonio cultural.

A educación ambiental que fomente o respecto e a valoración da contorna.

A promoción de prácticas de bo uso e conservación dos recursos naturais.

Asegurar a protección xurídica do territorio para o interese social común e das xeracións futuras de acordo cos propietarios e usuarios do territorio.

A colaboración coas administracións e os órganos institucionais en temas medioambientais.

Na actualidade, formamos parte do colectivo ao redor de cincuenta persoas socias.

A nosa historia

Os lumes do 15 de outubro de 2017 no Concello de Ponte Caldelas afectaron a un total de 2.900 ha e obrigaron a un alto número de persoas a pór en risco as súas vidas para salvagardar a integridade da veciñanza, as súas vivendas, naves, maquinarias de traballo, animais domésticos etc. 

Foi unha noite infinita e catastrófica. Ao mencer todo era negro e apestoso. Estábamos desolados e confusos, rabiosos e impotentes.

Xorden no municipio diversas accións en resposta ao acontecido.

E de maneira inmediata, para dar resposta á unha das problemáticas máis evidentes, a da mitigación da erosión, protección do chan e recuperación dos terreos queimados, un grupo de persoas veciñas con inquietudes comúns, coñecedoras do terreo e dispostas a actuar con rapidez, comeza a coordinar os traballos de recuperación do entorno. Neste momento, nace A Rente do Chan.

A Rente do Chan nace nas cinzas nun panorama desolador. Desexábamos cambiar a paisaxe da nosa contorna e vivir en aldeas seguras. 

Seguimos traballando na mesma dirección, e o que entón foron cinzas… convertéronse en proxectos ilusionantes, iniciativas, proxectos, colaboracións e un sinfín de verdes posibilidades. Tamén hai ameazas, e contra elas tamén seguiremos traballando. 

Forza A Rentes!!