A presa de Ponte Inferno

A loita da sociedade ribeirega e do colectivo A Rente do Chan.

A resolución do expediente de extinción de Ponte Inferno e a pronta demolición do obstáculo correspondente a un dos aproveitamentos hidroeléctricos peor xestionados e mais consentidos por augas de galicia durante o periodo 1994-….2024?

A sociedade galega está de noraboa. A presa do aproveitamento hidroeléctrico de ponte inferno será demolida nun periodo de 2 anos, se é que a xunta fai ben o seu traballo.

A loita que liderou o colectivo A Rente do Chan-Pladever (cos primeiros pasos de PLADEVER no ano 2005) iniciouse perante Augas de Galicia en 2018, 1 ano e 9 meses despois de que acabase o prazo concesional deste CONSENTIDO aproveitamento hidroeléctrico. E dicimos consentido porque se lle permitiu funcionar incumplindo Lei de Augas, Lei de Pesca Fluvial e Documento Concesional do Aproveitamento.

O 2 de xullo de 1906, inaugurábase cunha festa a posta en funcionamento do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno, ubicado cerca de 200 m augas arriba dunha ponte hoxe desaparecida e que se coñecía co nome de Ponte Inferno. No lugar onde hoxe se atopa a parede de pedra de entre 10 e 12 m de altura, existía a fervenza de “O Curro”. Nun principio, esa parede ía ter unha altura de 2,9 m, logo 5 m (segundo plano de 1902), e finalmente, non se sabe como, cando FENOSA (hoxe NATURGY) reconstrúe a parede para iniciar un novo aproveitamento (xa que o vello foi abandoado nos anos 70 da pasado século) a altura ascende aos mencionados 10-12 m. Isto nos da unha idea da escuridade que rodearon tanto aos trámites administrativos coma ao fraudulento funcionamento da minicentral hidroeléctrica.

A presencia de especies migratorias como salmón, reo, lamprea e anguía, avistadas en multitude de ocasións en Ponte Comboa, a uns 3 km por baixo do obstáculo, fai que en xullo de 2005 a sociedade ribeirega se organice na primeira marcha pola defensa do río Verdugo, á que acudiron mais de 100 persoas que percorreron os 5 km que separan Ponte Comboa dos muiños de Taboadelo, na confluencia dos ríos Verdugo e San Vicente. Coincide que nestas datas existía un movemento social que tentaba por freo á proliferación de minicentrais en tódolos ríos galegos. Así se consigue evitar a construcción de cerca dunha decena de novas presas nos ríos Verdugo-Oitavén, e se envía ao Parlamento Galego unha Iniciativa Lexislativa Popular para que se aprobe unha Lei de Protección e Conservación dos Ríos, feito que se consigue o 30/6/2006.

O aproveitamento hidroeléctrico, tal e como o coñecemos hoxe, inclumpliu o documento contractual con Augas de Galicia dende que comezou a turbinar o primeiro litro, xa que nunca tivo un paso para peixes que funcionara, nin un dispositivo que asegurara o cumplimento do caudal ecolóxico que, os vixiantes fluviais denunciaron en varias ocasións, e o colectivo A Rente do Chan, demostrou nos últimos anos que as empresas implicadas, ELECDEY e NATURGY, turbinaban mais do legalmente autorizado. 

Estes feitos, sumado ao remate do plazo concesional, fixeron que Augas de Galicia iniciase os trámites de remate da concesión en decembro de 2018 e demandado que se abriran varios expedientes sancionadores contra estas empresas. Ademais, a Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia iniciou unha investigación sobre posibles delitos ambientais en 2019, cuestión que aínda está nos Xulgados pontevedreses esperando que os xuíces se decidan a iniciar unha causa contra as empresas implicadas. Todo parece indicar que, gracias á implicación da agrupación Ecoloxistas en Acción, que se personou na causa como acusación particular, estamos perto dunha resolución tamén favorable para o río.

Así é como este pequeno colectivo, A Rente de Chan-Pladever, conseguíu socializar o problema, implicou a outros colectivos, sacudiu a conciencia de moitos políticos e coa axuda de Ecoloxistas en Acción, levou aos xulgados os posibles delitos ambientais asociados ao dano que se estaba a causar no río Verdugo.

A resolución administrativa que abre a porta á eliminación do obstáculo e á recuperación do río, en xuño deste ano 2022, reforza a A Rente do Chan para seguir no proceso, para loitar contra gastos absurdos en transvases, contra construcción de presas que pretenden aproveitar un auga que a duras penas da para conservar os ecosistemas fluviais de ríos tan danados e sobre-explotados como os de este Sistema Fluvial Verdugo-Oitavén. 

Pero … que gaña o río cando se elimina un obstáculo? A resposta é fácil: todo o que perde cando se contrúe un embalse e se empoza a agua. 

Cando eliminamos o obstáculo, o río recupera o seu réxime de caudais líquido, pero tamén o sólido. Expliquemos isto. 

Todos sabemos que os ríos levan auga, pero esa auga arrastra material do leito do río, das marxes, e éste pode ser de natureza inerte(como areas, pedriñas, pequenas rochas) ou partes de plantas e animais, ou incluso organismos vivos. Todo o que non é auga, denomínase caudal sólido. Así, ao eliminar un obstáculo, deixa de reterse auga, e circula a cantidade correspondente a cada estación, e tampouco se reduce o seu caudal.

O material sólido, que antes da eliminación quedaría atrapado por riba do obstáculo, agora circula. Estas dúas cuestións son definitivas para a morfoloxía fluvial, porque a cantidade de auga que move o río define o cauce que ela mesma excava, e o caudal sólido a forma do leito e  a súa composición. 

Polo tanto, cando eliminamos un obstáculo e deixamos de quitarlle auga a un río, este recupera a súa morfoloxía. É fácil imaxinar que a forma do cauce e a cantidade de auga que circula por él, define as formas de vida que un río pode aloxar. Polo tanto, unha vez que o río recupera as súas formas e a súa auga, tamén recupera a flora e fauna asociada.

  1. Manter a vixianza para que Augas de Galicia cumpla cos pasos para levar a cabo a demolición do obstáculo: redacción de proxecto antes de finais deste ano 2022, e eliminación antes de mediados de 2024.
  2. Divulgar a necesidade de realizar unha xestión intelixente e racional da auga, reducindo o consumo, as perdas nas liñas de distribución e o malgasto de auga potable en usos non domésticos.
  3. Apoiar aos colectivos que loitan para impedir a construcción de novas infraestruturas que degraden inda mais o sistema fluvial Verdugo-Oitavén.
  4. Promover a creación de Reservas Naturais Fluviais nas bacías dos ríos Verdugo e Oitavén.

O colectivo A Rente do Chan-Pladever celebra a nova organizando o traballo que ven por diante, que non é pouco; en concreto: