A defensa do Suído

A Realidade eólica na Serra do Suído

A Serra do Suido é unha xoia natural e patrimonial que estamos a piques de perder a causa da mala xestión e da especulación en nome dunha denominada “transición ecolóxica”.

O expediente de declaración da Serra do Suido como espazo natural protexido a través da rede natura 2000 leva paralizado pola Xunta de Galicia desde o ano 2007.

O espolio enerxético non é unha oportunidade para o medio rural. Precisamos alternativas de desenvolvemento sustentable que poñan o foco na conservación deses hábitats.

POR UNHA TRANSICIÓN ECOLÓXICA XUSTA, NON Á ESPECULACIÓN ENERXÉTICA !