Caduca a concesión de Ponte Inferno e a empresa debe demoler as súas instalacións hidroeléctricas no río Verdugo

A sociedade ribeirega e o Colectivo A Rente do Chan, celebran a resolución do expediente de extinción de Ponte Inferno e a pronta demolición do obstáculo correspondente a un dos aproveitamentos hidroeléctricos peor xestionados e máis consentidos por Augas de Galicia.

A presa do aproveitamento hidroélectrico de Ponte Inferno será demolida nun período de 2 anos, se é que a Xunta fai ben o seu traballo. Só lembrar que a loita que liderou o colectivo A Rente do Chan Pladever (primeiros pasos en 2005) se iniciou perante Augas de Galicia en 2018, 1 ano e 9 meses despois de que rematase o prazo concesional deste consentido aproveitamento hidroeléctrico. E dicimos consentido porque se lle permitiu funcionar incumplindo Lei de Augas, Lei de Pesca Fluvial e Documento Concesional do Aproveitamento.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *